7 Mar 2015 tvg

EMPRENDEDORAS DE BURELA FAN CONSERVAS ARTESANAIS DE BONITO

Hai máis premios para as nosas conservas. Co bonito de Burela como principal estandarte, unhas veciñas da localidade decidiron elaborar conservas artesanais, como as que se fan na casa, pero con todas as garantías sanitarias.

De afección a traballo. Estas mulleres emprendedoras decidiron dar o salto ao mundo profesional coa creación dunha empresa de conservas artesás. Sendo veciñas de Burela, porto boniteiro por excelencia, o túnido é o seu produto estrela, pero non o único.

A maiores das conservas clásicas, teñen bonito en aceite ecolóxico e ao natural con auga de mar depurada.

Tamén fan pratos que só hai que levar á mesa, como fabas con polbo, e en breve van presentar novas elaboracións.

Como feito na casa, pero con todas as garantías sanitarias. O bo facer destas dúas emprendedoras chamou a atención da Comisión Europea, que as seleccionou de entre nove mil proxectos para dar a coñecer o seu en Bruxelas.

Como seguinte reto márcanse o obxectivo de abrir novos mercados. Por certo, que xa se poden adquirir en México, onde os seus produtos teñen moi boa acollida. Aquí, no mercado nacional, pódense encontrar en tendas especializadas e en gastrobares.